10 abr. 2013

E DESPOIS DA ROTACIÓN ... A TRASLACIÓN


Se a semana pasada vimos o movemento de rotación, hoxe chegoulle o turno ao movemento de TRASLACIÓN. Xa cando estudamos e investigamos sobre o Sistema Solar, vimos que todos os planetas xiraban arredor do Sol. Así que hoxe aprendimos que a Terra ao igual que os outros sete planetas, tamén xira arredor do Sol, que este movemento chámase TRASLACIÓN, que tarda nin máis nin menos que todo UN ANO en dar unha volta completa e que este movemento da lugar as catro estacións que son; PRIMAVERA, VERÁN, OUTONO e INVERNO.


Para entendelo un pouquiño mellor, a profe utilizou esta maqueta que nos axudou a facela, o adxunto de carpinteria ROCA e que nós pintamos:


E estoutra  na que dun xeito moi "visual" poidemos ver como se sucedían as estacións, na que tamén tivemos a axuda de ROCA. Que faríamos sin el!!!!!!!! je,je Moitísimas grazas, compañeiro.


Ainda que coa axuda das dúas maquetas, quedounos bastante clariño, quixemos reforzalo facendo esta ficha:



E este traballiño que atopamos AQUÍ:



E como non, visualizamos estes videos:

APRENDE CON PIPO: A TRASLACIÓN E AS ESTACIÓNS


DOKI DESCUBRE AS ESTACIÓNS



O BAILADO DA MAIS BELA BAILARINA




Neste mapa conceptual plasmamos todo o que aprendimos sobre os movementos da Terra:


E xa para rematar, todos os recursos que utilizamos e algún máiss podedes atopalos no noso blog do proxecto na pestana de MOVEMENTOS DA TERRA:

<

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada