Mostrando entradas con la etiqueta ESTRELAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESTRELAS. Mostrar todas las entradas

17 abr 2013

MANUALIDADES ESTELARES

Hoxe querémovos amosar as manualidades que fixemos estes días relacionadas coas estrelas e as constelacións.

O CEO NUN PARAUGAS

Nun paraugas negro, a profe debuxou algunhas das constelacións que coñecemos procurando que a Estrela Polar coincidise coa punta do paraugas . Así se xirabamos o paraugas todas as estrelas se movían menos ela. Isto serviunos para darnos conta de por que aparentemente se moven todas as estrelas menos a Estrela Polar.



VISORES DE CONSTELACIÓNS

Tamén fixemos estes estupendísimos visores para ver constelacións. Para iso utilizamos un bote de patacas fritas, cartolina negra, un punzón e unhas plantillas de constelacións que podedes atopar AQUÍ:


LÁMPADA DE ESTRELAS:

Para poder ver as estrelas reflexadas nas paredes.



CERAS ESTRELADAS

Porque nos gusta reciclar, utilizamos ceras da clase que xa non nos eran cómodas para pintar de distintas cores: laranxa, amarela, marrón,... para facer estas coloridas estrelas:


MURAL DAS CONSTELACIÓNS

E por suposto, no ceo da nosa clase non podían faltar as constelacións que estudamos, non si? Asi que coa axuda de Roca, Leticia, Ramiro e Diego, puxemos no teito da aula este fermoso mural:



Podedes atopar RECURSOS PARA TRABALLAR AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS CLICANDO NA IMAXE:



E mañá .... VISITA AO PLANETARIO DE A CORUÑA!!!!!!!!!!!!

16 abr 2013

UN CEO ESTRELADO

Despois de rematar a nosa viaxe polos planetas e de ver como a Lúa e a Terra se movían, comezamos a nosa viaxe polo ceo ESTRELADO.  Descubrimos que ademaís do Sol, que é a estrela máis preto de nós, hai multitud de estrelas máis, e que algunhas se agrupan formando debuxos imaxinarios no ceo, son as CONSTELACIÓNS.Para empezar comezamos coñecendo dúas osas:  únha grande , a OSA MAIOR e outra máis pequena, a OSA MENOR.


Vimos como eran , contamos as estrelas que as formaban e fixemos esta ficha:




Enterámonos de  que na punta do rabiño da Osa Menor atópase a Estrela Polar, que sempre está no mesmo sitio e indícanos onde está o Norte? Para saber como atopala, vimos  o seguinte video:


Pero ademáis da Osa Maior e da Osa Menor, hoxe coñecimos máis constelacións. A profe contounos a historia de Cefeo e Casiopea:


Esta é a historia resumida:

"Casiopea, esposa de Cefeo e nai de Andrómeda, presumía de que ela e a súa filla eran máis fermosas que as Nereidas. Éstas, contanllo ao Poseidón, rei do mar que castiga ao reino, con inundacións e mandándolles un monstro mariño, Cetus. 
Para que cesen as desgracias, despois de consultar co Oráculo, Cefeo, ten que sacrificar á súa filla Andrómeda , atándoa a unha rocha e ofrecéndolla como comida ao monstruo.  Pero Perseo, montado en Pegaso, que pasaba por alí despois de matar a Medusa, ve a Andrómeda e namórase dela. Coa cabeza de Medusa, convirte ao monstro en coral e a libera . Perseo e Andrómeda cásanse e xuntos voltan a Grecia".

Despois do recreo,  fomos ao salón de actos, e alí na PDI nova, volvimos a escoitala neste libro  LIM que preparou a profe xunto con outra compañeira hai uns anos:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/CONSTELACIONS/constelacions.html

Como nos gustou moitísimo a historia, a profe estivo buscando co programa STELLARIUM, que podedes descargar de forma gratuita AQUÍ, todas as constelacións que xa coñeciamos: Osa Maior, Osa Menor, Cefeo, Casiopea, Andrómeda, Cetus, Perseo, Pegaso,...


Ao rematar fixemos esta ficha para ver si estivemos atentos á historia e lembrabamos o nome dos personaxes::



Mañá cada un de nós, practicará  no ordenador de clase co programa STELLARIUM e fará as actividades do libro LIM, ademais claro está doutras cousiñas.