Despois de experimentar o noso particular BIG BANG, hoxe vimos que as Galaxias son grandes coleccións de pó, estrelas e gas; que hai moitas galaxias e con distintas formas: espirais, elípticas, irregulares,... ; que a nosa galaxía chámase Vía Láctea e que se a miramos dende arriba ten forma de espiral. Para lembranos do aprendido fixemos esta ficha:
E despois de ver varias imaxes de galaxias,decidimos pintar a nosa propia. Con que as podiamos pintar? Queriamos facer algo orixinal así que ... por que non pintar con pompas de xabón? Trouxemos pomperos, mercamos colorantes alimentarios e...

