6 abr 2013

A ROTACIÓN:O DÍA E A NOITE



Observaches algunha vez como se move a sombra dunha árbore a medida que o Sol se move? Pero... é realmente o Sol o que se move? Para saber quen dos dous se movía fixemos un sinxelo experimento no salón de actos. Coa luz apagada, a profe Digna era o Sol e alumeaba cunha lanterna mentras que a profe Ana era a Terra. Vimos que según a postura da profe Ana as veces a sombra estaba diante dela, a dereita, a esquerda ou hacia atrás pero que o Sol non se movía nunca de sitio. Co que chegamos a conclusión que non, que a que se move é a Terra.

Así que hoxe, dentro do noso proxecto sobre o espazo, estivemos a falar de que a Terra non está quieta senón que ten dous movementos o de ROTACIÓN e o de TRASLACIÓN. Centrámonos no movemento de rotación que é o movemento que a Terra fai sobre si mesma.


Aprendimos que a Terra tarda 24 horas en dar unha volta sobre si mesma e que este movemento da lugar ao DÍA e a NOITE


e aproveitando que estabamos no Salón de Actos e que alí podemos estar completamente a escuras, coa axuda dunha linterna e dun globo Terráqueo fixemos este sinxelo experimento:



Para que nos quedase moi clariño, vimos estes dous videos na PDI:










E xa para rematar fixemos esta fichiña que atopamos  de Pipo e que adaptamos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario