Mostrando entradas con la etiqueta CONSTELACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONSTELACIÓNS. Mostrar todas las entradas

17 abr 2013

MANUALIDADES ESTELARES

Hoxe querémovos amosar as manualidades que fixemos estes días relacionadas coas estrelas e as constelacións.

O CEO NUN PARAUGAS

Nun paraugas negro, a profe debuxou algunhas das constelacións que coñecemos procurando que a Estrela Polar coincidise coa punta do paraugas . Así se xirabamos o paraugas todas as estrelas se movían menos ela. Isto serviunos para darnos conta de por que aparentemente se moven todas as estrelas menos a Estrela Polar.



VISORES DE CONSTELACIÓNS

Tamén fixemos estes estupendísimos visores para ver constelacións. Para iso utilizamos un bote de patacas fritas, cartolina negra, un punzón e unhas plantillas de constelacións que podedes atopar AQUÍ:


LÁMPADA DE ESTRELAS:

Para poder ver as estrelas reflexadas nas paredes.



CERAS ESTRELADAS

Porque nos gusta reciclar, utilizamos ceras da clase que xa non nos eran cómodas para pintar de distintas cores: laranxa, amarela, marrón,... para facer estas coloridas estrelas:


MURAL DAS CONSTELACIÓNS

E por suposto, no ceo da nosa clase non podían faltar as constelacións que estudamos, non si? Asi que coa axuda de Roca, Leticia, Ramiro e Diego, puxemos no teito da aula este fermoso mural:



Podedes atopar RECURSOS PARA TRABALLAR AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS CLICANDO NA IMAXE:



E mañá .... VISITA AO PLANETARIO DE A CORUÑA!!!!!!!!!!!!

16 abr 2013

AS CONSTELACIÓNS DO ZODIACO

Sabiades que as constelacións varían de posición ao longo do ano e que por iso vemos o ceo de distinta forma?  Hoxe descubrimos que das 88 constelacións que hai, en España só son visibles unhas 70 e que mesmo dentro de España, non se ve en todas as cidades o mesmo ceo.
A profe estivo investigando e descubriu unha páxina, AstroViewer que nos permite ver o ceo nocturno actual na cidade que queiramos. así que entramos, e como non nos aceptaban Ferrol, puxemos a cidade da Coruña e isto é o que vimos:

current night sky over La Coruña

 Cefeo, Casiopea, Perseo, a Osa Menor, a Osa Maior,... pero tamén Virgo, Leo, Geminis,... Así que falamos dos  SIGNOS DO ZODÍACO e de que signo eramos según a nosa data de nacemento:

símboloconstelaciónnome galego ([1])significadocomezofinalelementonº mes
Aries.svgAriesaries ou carneirocarneiro21 de marzo20 de abrilFogo03
Taurus.svgTaurustauro ou tourotouro21 de abril20 de maioTerra04
Gemini.svgGeminixémini ou xemelgosxemelgos21 de maio21 de xuñoAr05
Cancer.svgCáncercáncer ou cancrocangrexo22 de xuño22 de xulloauga06
Leo.svgLeo=león23 de xullo22 de agostoFogo07
Virgo.svgVirgovirgo ou virxevirxe23 de agosto22 de setembroTerra08
Libra.svgLibralibra ou balanzabalanza23 de setembro22 de outubroAr09
Scorpio.svgScorpiusescorpiónescorpión23 de outubro21 de novembroauga10
Sagittarius.svgSagittariussaxitarioarqueiro22 de novembro21 de decembroFogo11
Capricorn.svgCapricornuscapricorniocabra22 de decembro20 de xaneiroTerra12
Aquarius.svgAquariusacuarioaugador21 de xaneiro19 de febreiroAr01
Pisces.svgPiscespisces ou peixespeixes20 de febreiro20 de marzoauga02



Descubrimos que Erika era do signo de Aries porque naceu o 14 de abril, que Leticia era Virgo porque naceu o 2 de setembro, que Joni era Escorpio porque naceu o 24 de outubro , que Carlos era Cáncer porque naceu o 8 de xullo e que a profe era Libra porque naceu o 2 de outubro.
Vimos este video das constelacións zodiacais:


E cada un de nós  fixo unha ficha do seu signo zodiacal:


Así de bonitas nos quedaron, fáltanos a  ficha de Erika porque non nos dou tempo a facerlle a foto:


E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer:

UN CEO ESTRELADO

Despois de rematar a nosa viaxe polos planetas e de ver como a Lúa e a Terra se movían, comezamos a nosa viaxe polo ceo ESTRELADO.  Descubrimos que ademaís do Sol, que é a estrela máis preto de nós, hai multitud de estrelas máis, e que algunhas se agrupan formando debuxos imaxinarios no ceo, son as CONSTELACIÓNS.Para empezar comezamos coñecendo dúas osas:  únha grande , a OSA MAIOR e outra máis pequena, a OSA MENOR.


Vimos como eran , contamos as estrelas que as formaban e fixemos esta ficha:




Enterámonos de  que na punta do rabiño da Osa Menor atópase a Estrela Polar, que sempre está no mesmo sitio e indícanos onde está o Norte? Para saber como atopala, vimos  o seguinte video:


Pero ademáis da Osa Maior e da Osa Menor, hoxe coñecimos máis constelacións. A profe contounos a historia de Cefeo e Casiopea:


Esta é a historia resumida:

"Casiopea, esposa de Cefeo e nai de Andrómeda, presumía de que ela e a súa filla eran máis fermosas que as Nereidas. Éstas, contanllo ao Poseidón, rei do mar que castiga ao reino, con inundacións e mandándolles un monstro mariño, Cetus. 
Para que cesen as desgracias, despois de consultar co Oráculo, Cefeo, ten que sacrificar á súa filla Andrómeda , atándoa a unha rocha e ofrecéndolla como comida ao monstruo.  Pero Perseo, montado en Pegaso, que pasaba por alí despois de matar a Medusa, ve a Andrómeda e namórase dela. Coa cabeza de Medusa, convirte ao monstro en coral e a libera . Perseo e Andrómeda cásanse e xuntos voltan a Grecia".

Despois do recreo,  fomos ao salón de actos, e alí na PDI nova, volvimos a escoitala neste libro  LIM que preparou a profe xunto con outra compañeira hai uns anos:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/CONSTELACIONS/constelacions.html

Como nos gustou moitísimo a historia, a profe estivo buscando co programa STELLARIUM, que podedes descargar de forma gratuita AQUÍ, todas as constelacións que xa coñeciamos: Osa Maior, Osa Menor, Cefeo, Casiopea, Andrómeda, Cetus, Perseo, Pegaso,...


Ao rematar fixemos esta ficha para ver si estivemos atentos á historia e lembrabamos o nome dos personaxes::



Mañá cada un de nós, practicará  no ordenador de clase co programa STELLARIUM e fará as actividades do libro LIM, ademais claro está doutras cousiñas.

26 dic 2012

PLANETARIO NO COLE



A principios de decembro tivemos a gran sorte de contar no cole cun Planetario Móbil cortesía  de A CAIXA que nolo deixou tres días.
En pequenos grupos todos visitamos o Planetario. A algúns ao principio dáballes un pouquiño de medo entrar pero unha vez dentro, todos o pasaron moi ben.
Vimos o ceo en outono e coñecimos moitas constelacións como a Osa Maior, a Osa Menor, coñecimos a historia de Perseo e Andrómeda, ... Foi unha experiencia fantástica. Aquí vos deixamos algunha das fotos: