Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS. Mostrar todas las entradas

15 oct 2013

UN CONTO SIN ESCRITOR

Grazas a Olga do blogue EL RINCÓN DE LA MAESTRA, conocín este fantástico conto que pode servir moi ben, tal e coma ela dí para comezar un proxecto sobre o Universo xa que conta a evolución do Universo dende o OVO CÓSMICO ata a creación do conto. Titúlase UN CONTO SIN ESCRITOR escrito por Héctor Aún e ilustrado por Paola Paolucci:


16 mar 2013

DESPEDÍMONOS DA LÚA


Para rematar unha gran semana na LÚA, que mellor xeito que ...

- CUNHA POESÍA sobre as Fases Lunares, que copiamos, ilustramos e por suposto recitamos:




- CUN CONTO: "A QUE SABE A LÚA?" que escoitamos e vimos na aula de informática . Despois aproveitamos que estabamos alí para facer as actividades do libro LIM sobre o conto que fixen xa hai algúns anos xunto coa miña compi Rosa Grille á que quero mandarlle desde aquí unha agarimosa aperta:


O conto na porta do  noso armario

O LIBRO LIM

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html


Aquí vos deixamos algunha das fotos:





- E con este fermoso e fantástico corto de Disney-Pixar que non nos dou tempo a velo no cole , así que volo deixo aquí para que o poidades disfrutar: 



AGORA SI, DEIXAMOS ESTE SATÉLITE, CUNHAS FEMOSAS IMAXES SOBRE O MESMO:

CLICA NA IMAXE

Con esta imaxe de Iago mirando a Lúa. polo telescopio que nos  trouxo ao colexio, Paulino Gasalla da Sociedade de Historia Natural



E con este enlace onde podedes atopar distintos recursos sobre a LÚA:


27 feb 2013

O SOL

Imaxe tomada do blog COLORÍN COLORETE

Onte empezamos a ver o Sistema Solar e como non empezamos ... POLO SOL. Buscamos nos libros do noso recuncho do espazo, e vimos que o Sol é unha gran estrela que está no centro do Sistema Solar, que dende a Terra a vemos de cor amarelo, que está feita de gas e que é moi importante porque nos proporciona luz e calor. De feito aprendimos que as estrelas son os únicos astros que emiten luz, que senón houbese Sol, non existiría vida no noso planeta e que o Sol sae todos os días polo Leste e ponse polo Oeste.
Fixemos esta ficha:

Investigando un pouquiño máis sobre o Sol, descubrimos que os homes antigos para saber que hora era, utilizaban reloxos solares así que decidimos facer o noso. Ao principio iamos facer un para poñer no chan. Pero cada hora teriamos que saír a fóra para ver como ía pasando o tempo e non o podiamos facer . Así que buscando, buscando, atopamos unha páxina onde se podían facer RELOXOS DE SOL VERTICALES PARA COLOCAR ... NAS VENTÁS DA CLASE. Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade:

FACEMOS UN RELOXO DE SOL


Polo de agora non vos podemos dicir se funciona ou non porque ... ESTES DÍAS NON VEMOS O SOL POR NINGUNHA PARTE!!!!!!!

No blog de Mar Gómez, MIL RECURSOS EDUCACIÓN INFANTIL atopamos este conto "SOY EL SOL":


E a Nasa, estes días publicou un incrible video onde podemos apreciar con toda claridade  UNHA ESPECTACULAR CHUVIA DE LUME SOBRE O SOL, e dicir, unha "chuvia coronal" que é un raro fenómeno no que o plasma eyectado durante unha erupción volve ao Sol:


E se o que queredes e "ver" o vento solar, clicade no PLAY:



E hoxe comezamos cos planetas, pero iso ... volo contaremos noutra entrada