8 mar. 2013

OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR


Ao longo da semana pasada e parte desta, estivemos traballando os planetas. Descubrimos que ao redor do Sol, xiran oito planetas; que os seus nomes son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno; que se clasifican en planetas menores e maiores; que Mercurio está cheo de cráteres de meteoritos, que Venus é o planeta máis brillante, que a Terra é o noso fogar, que Marte chámase tamén Planeta Vermello pola súa cor, que Xúpiter é o planeta máis grande de todos, que Saturno é famoso polos seus aneis, que Urano é o único planeta que xira do revés, que Neptuno é o planeta máis lonxano do Sol e que nel vai moito frío, que ... E UN MONTÓN DE COUSIÑAS MÁIS.
Para afianzar todo o que aprendimos, fixemos estas fichas:



Despois de ver como eran, cal era o seu tamaño, a súa cor ... fixemos os oito planetas para colocar no noso mural do proxecto. Para facelos utilizamos cartulinas con círculos de distintos tamaños, témperas e papel hixiénico para dar volume:



Antes de colocalos no noso mural, aproveitamos para clasificalos por tamaños: de menor a maior, de maior a menor, en planetas menores e maiores ,...


Agora xa forman parte do noso recuncho espacial:


Como non queriamos olvidarnos de nadiña do que aprendimos sobre os planetas, fixemos esta RODA PLANETARIA  ( fonte: ENCHANTEDLEARNING.COM), con debuxos dos planetas e as súas principais características:


Esta é a plantilla que utilizamos:


Tamén  preparamos esta presentación con todo o que lembrabamos sobre o Sistema Solar:


Ademáis, durante  todos estes días vimos diferentes animacións e presentacións sobre os Planetas e o Sistema Solar, cantamos cancións, xogamos, ... Podedes atopar algúns dos recursos que utilizamos e outros máis, clicando nas dúas imaxes ou accedendo ao noso blog do proxecto: RUMBO AO ESPAZO

http://rumboaoespazo.blogspot.com.es/p/planetas.html

http://rumboaoespazo.blogspot.com.es/p/sistema-solar.html

E continuando coa nosa viaxe espacial, a semana que vén chegaremos ... Á  LÚA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario