Non volo ides crer, grazas á unha sobriña da profe, hoxe tivemos a gran sorte de contar no cole coa visita de Jorge Díaz del Río García, un xoven enxeñeiro de telecomunicacións que traballou hai uns anos na NASA e que na actualidade traballa en Holanda na ESA (Axencia Espacial Europa).
Durante case unha hora, poidemos disfrutar dunha entretida e interesante charla así como dunhas fotografías e uns videos incribles: satélites naturais e artificiais, planetas, cohetes, a formación do Sistema Solar, animacións de como un satélite artificial era lanzado a Marte, ... e moitísimas cousas máis. Pasounos o tempo voando.
Ao rematar, Jorge respostounos a todas as preguntas que lle fixemos que non foron poucas.
Aquí vos deixamos algunhas das fotos da charla:
E tamén as páxinas para nenos da NASA e da ESA que xa coñecemos do noso proxecto:
MOITÍSIMAS GRAZAS, JORGE, POR FACERNOS O FAVOR DE ACUDIR AO NOSO COLE ANTES DE VOLTAR A HOLANDA.
Con moita pena damos por rematado o Proxecto Rumbo ao Espazo que tan boas experiencias nos proporcionou ao longo deste curso. E que mellor forma de rematalo que ...
- Plasmando todo o aprendido neste fantástico LAPBOOK:
Nestas fotos podedes ver máis detidamente o contido do lapbook:
Tal e como vos contabamos onte, hoxe fomos de visita áCasa das Ciencias en A Coruña. Unha vez alí, o primeiro que fixemos foi subir ao Planetario. Ainda que había moitíííííísimas escaleiras, subimos moi contentos e sen protestar nadiña. Cando apagaron as luces, todos estabamos expectantes por ver o que ía acontecer e o que vimos non nos defraudou nadiña. Durante 30 minutos, viaxamos na compaña dunha rapaciña moi especial,"LA NIÑA QUE SABÍA CAMINAR DEL REVÉS", que coñecía os segredos que garda a LÚA, que sabía escoitar as mareas e que solía falar coas árbores. Trátase dunha historia dada a volta que nos invita a contemplar todo o que nos rodea dende un novo punto de vista. Grazas ao canal de Youtube, do planetario de Pamplona, podemos disfrutar e lembrar a proxección a través destes pequenos fragmentos:
Hoxe querémovos amosar as manualidades que fixemos estes días relacionadas coas estrelas e as constelacións.
O CEO NUN PARAUGAS
Nun paraugas negro, a profe debuxou algunhas das constelacións que coñecemos procurando que a Estrela Polar coincidise coa punta do paraugas . Así se xirabamos o paraugas todas as estrelas se movían menos ela. Isto serviunos para darnos conta de por que aparentemente se moven todas as estrelas menos a Estrela Polar.
VISORES DE CONSTELACIÓNS
Tamén fixemos estes estupendísimos visores para ver constelacións. Para iso utilizamos un bote de patacas fritas, cartolina negra, un punzón e unhas plantillas de constelacións que podedes atopar AQUÍ:
LÁMPADA DE ESTRELAS:
Para poder ver as estrelas reflexadas nas paredes.
CERAS ESTRELADAS
Porque nos gusta reciclar, utilizamos ceras da clase que xa non nos eran cómodas para pintar de distintas cores: laranxa, amarela, marrón,... para facer estas coloridas estrelas:
MURAL DAS CONSTELACIÓNS
E por suposto, no ceo da nosa clase non podían faltar as constelacións que estudamos, non si? Asi que coa axuda de Roca, Leticia, Ramiro e Diego, puxemos no teito da aula este fermoso mural:
Podedes atopar RECURSOS PARA TRABALLAR AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS CLICANDO NA IMAXE:
E mañá .... VISITA AO PLANETARIO DE A CORUÑA!!!!!!!!!!!!
Sabiades que as constelacións varían de posición ao longo do ano e que por iso vemos o ceo de distinta forma? Hoxe descubrimos que das 88 constelacións que hai, en España só son visibles unhas 70 e que mesmo dentro de España, non se ve en todas as cidades o mesmo ceo.
A profe estivo investigando e descubriu unha páxina,AstroViewerque nos permite ver o ceo nocturno actual na cidade que queiramos. así que entramos, e como non nos aceptaban Ferrol, puxemos a cidade da Coruña e isto é o que vimos:
Cefeo, Casiopea, Perseo, a Osa Menor, a Osa Maior,... pero tamén Virgo, Leo, Geminis,... Así que falamos dos SIGNOS DO ZODÍACOe de que signo eramos según a nosa data de nacemento:
Descubrimos que Erika era do signo de Aries porque naceu o 14 de abril, que Leticia era Virgo porque naceu o 2 de setembro, que Joni era Escorpio porque naceu o 24 de outubro , que Carlos era Cáncer porque naceu o 8 de xullo e que a profe era Libra porque naceu o 2 de outubro.
Vimos este video das constelacións zodiacais:
E cada un de nós fixo unha ficha do seu signo zodiacal:
Así de bonitas nos quedaron, fáltanos a ficha de Erika porque non nos dou tempo a facerlle a foto:
E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer:
Despois de rematar a nosa viaxe polos planetas e de ver como a Lúa e a Terra se movían, comezamos a nosa viaxe polo ceo ESTRELADO. Descubrimos que ademaís do Sol, que é a estrela máis preto de nós, hai multitud de estrelas máis, e que algunhas se agrupan formando debuxos imaxinarios no ceo, son as CONSTELACIÓNS.Para empezar comezamos coñecendo dúas osas: únha grande , a OSAMAIOR e outra máis pequena, a OSA MENOR.
Vimos como eran , contamos as estrelas que as formaban e fixemos esta ficha:
Enterámonos de que na punta do rabiño da Osa Menor atópase a Estrela Polar, que sempre está no mesmo sitio e indícanos onde está o Norte? Para saber como atopala, vimos o seguinte video:
Pero ademáis da Osa Maior e da Osa Menor, hoxe coñecimos máis constelacións. A profe contounos a historia de Cefeo e Casiopea:
Esta é a historia resumida:
"Casiopea, esposa de Cefeo e nai de Andrómeda, presumía de que ela e a súa filla eran máis fermosas que as Nereidas. Éstas, contanllo ao Poseidón, rei do mar que castiga ao reino, con inundacións e mandándolles un monstro mariño, Cetus.
Para que cesen as desgracias, despois de consultar co Oráculo, Cefeo, ten que sacrificar á súa filla Andrómeda , atándoa a unha rocha e ofrecéndolla como comida ao monstruo. Pero Perseo, montado en Pegaso, que pasaba por alí despois de matar a Medusa, ve a Andrómeda e namórase dela. Coa cabeza de Medusa, convirte ao monstro en coral e a libera . Perseo e Andrómeda cásanse e xuntos voltan a Grecia".
Despois do recreo, fomos ao salón de actos, e alí na PDI nova, volvimos a escoitala neste libro LIM que preparou a profe xunto con outra compañeira hai uns anos:
Como nos gustou moitísimo a historia, a profe estivo buscando co programa STELLARIUM, que podedes descargar de forma gratuita AQUÍ, todas as constelacións que xa coñeciamos: Osa Maior, Osa Menor, Cefeo, Casiopea, Andrómeda, Cetus, Perseo, Pegaso,...
Ao rematar fixemos esta ficha para ver si estivemos atentos á historia e lembrabamos o nome dos personaxes::
Mañá cada un de nós, practicará no ordenador de clase co programa STELLARIUM e fará as actividades do libro LIM, ademais claro está doutras cousiñas.