13 abr 2013

INVESTIGANDO E TRABALLANDO AS ECLIPSES

Agora que sabemos que a Terra e a Lúa se moven, pero non así o Sol, chegou o momento de falar das ECLIPSES.

Investigamos en libros, en internet, preguntamos,... e descubrimos que hai dous tipos de eclipses:

- A eclipse lunar: cando a Terra sitúase entre o Sol e a Lúa,


- A eclipse solar: cando a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra.


Quixemos recrealos e para iso utilizamos unha das maquetas que xa vos ensinamos na entrada anterior pero o que non víchedes e que ao outro extremo da Terra estaba a Lúa, je,je


E estoutra que descubrimos na páxina de UNAWE:


Despois disto, vimos este video de dúas eclipses reales, unha Lunar do 2008 e outra Solar do 2006:



Fixemos unha fichiña onde tiñamos que completar e ademáis picar e pegar a Lúa no lugar correspondente:


E como nos gustou moito a maqueta das eclipses da profe, quixemos facer unha para levar para a nosa casa:


No blog "COLEGIO LA COROLLA Clase de 2ºB" podedes atopar a plantilla orixinal en castelán.

Deixámosvos coma sempre, o enlace a todos os recursos que utiizamos sobre ECLIPSES:

Imaxe de Imaginarium

E xa a para rematar o noso gran proxecto espacial só nos queda ... VISITAR AS ESTRELAS!!!!! Xa vos contaremos, xa.

1 comentario:

  1. Dende o CEIP Maria Moliner de Madrid, quérovos felicitar polo voso estupendo blog. Os rapaces de 2ºC estamos utilizando varios dos vosos recursos.

    ResponderEliminar