Grazas a Olga do blogue EL RINCÓN DE LA MAESTRA, conocín este fantástico conto que pode servir moi ben, tal e coma ela dí para comezar un proxecto sobre o Universo xa que conta a evolución do Universo dende o OVO CÓSMICO ata a creación do conto. Titúlase UN CONTO SIN ESCRITOR escrito por Héctor Aún e ilustrado por Paola Paolucci:
15 oct 2013
14 may 2013
VISITA ESPECIAL E ESPACIAL
Non volo ides crer, grazas á unha sobriña da profe, hoxe tivemos a gran sorte de contar no cole coa visita de Jorge Díaz del Río García, un xoven enxeñeiro de telecomunicacións que traballou hai uns anos na NASA e que na actualidade traballa en Holanda na ESA (Axencia Espacial Europa).
Durante case unha hora, poidemos disfrutar dunha entretida e interesante charla así como dunhas fotografías e uns videos incribles: satélites naturais e artificiais, planetas, cohetes, a formación do Sistema Solar, animacións de como un satélite artificial era lanzado a Marte, ... e moitísimas cousas máis. Pasounos o tempo voando.
Ao rematar, Jorge respostounos a todas as preguntas que lle fixemos que non foron poucas.
Aquí vos deixamos algunhas das fotos da charla:
MOITÍSIMAS GRAZAS, JORGE, POR FACERNOS O FAVOR DE ACUDIR AO NOSO COLE ANTES DE VOLTAR A HOLANDA.
1 may 2013
REMATAMOS O PROXECTO
Con moita pena damos por rematado o Proxecto Rumbo ao Espazo que tan boas experiencias nos proporcionou ao longo deste curso. E que mellor forma de rematalo que ...
- Plasmando todo o aprendido neste fantástico LAPBOOK:
- Plasmando todo o aprendido neste fantástico LAPBOOK:
Nestas fotos podedes ver máis detidamente o contido do lapbook:
- Repasando con este libro lim sobre O PROXECTO:
LAPBOOK ESPACIAL on PhotoPeach
- Repasando con este libro lim sobre O PROXECTO:
https://www.chiscos.net/xestor/chs/anamartinez/espacio2/espacio2.html
-E por último, resolvendo este reto:
CLICA NA IMAXE
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/BRINCALETRAS/espazo.html
E como entre todos respondimos moit ben, gañamos este precioso CARNET DE ASTRONAUTA:
Este é o modelo de carnet que preparou a profe:
Este é o modelo de carnet que preparou a profe:
25 abr 2013
NOVOS RECURSOS SOBRE O ESPAZO
A piques de rematar o noso proxecto atopamos estes estupendos recursos que queremos compartir con todos vós:
- Este que atopamos en galego:
- Uns interesantísimos fascículos de Astronomía para nenos, que se poden ver online ou descargar:
- Este que atopamos en galego:
- Uns interesantísimos fascículos de Astronomía para nenos, que se poden ver online ou descargar:
- E este libro que atopamos no blog CREA CON LAURA grazas a Carmen do blog AULA INFANTIL que nos avisou:
18 abr 2013
VISITANDO O PLANETARIO
Tal e como vos contabamos onte, hoxe fomos de visita á Casa das Ciencias en A Coruña. Unha vez alí, o primeiro que fixemos foi subir ao Planetario. Ainda que había moitíííííísimas escaleiras, subimos moi contentos e sen protestar nadiña. Cando apagaron as luces, todos estabamos expectantes por ver o que ía acontecer e o que vimos non nos defraudou nadiña. Durante 30 minutos, viaxamos na compaña dunha rapaciña moi especial,"LA NIÑA QUE SABÍA CAMINAR DEL REVÉS", que coñecía os segredos que garda a LÚA, que sabía escoitar as mareas e que solía falar coas árbores. Trátase dunha historia dada a volta que nos invita a contemplar todo o que nos rodea dende un novo punto de vista. Grazas ao canal de Youtube, do planetario de Pamplona, podemos disfrutar e lembrar a proxección a través destes pequenos fragmentos:
` PRESENTACIÓN
| PASEANDO POLA CIDADE |
A NENA E O BAOBAD
|
A NENA E O CANTIL
|
A NENA, A ARAÑA E O MOUCHO
| LUCES DA CIDADE |
E aquí vos deixamos algunhas fotos deste día:
17 abr 2013
MANUALIDADES ESTELARES
Hoxe querémovos amosar as manualidades que fixemos estes días relacionadas coas estrelas e as constelacións.
Tamén fixemos estes estupendísimos visores para ver constelacións. Para iso utilizamos un bote de patacas fritas, cartolina negra, un punzón e unhas plantillas de constelacións que podedes atopar AQUÍ:
Para poder ver as estrelas reflexadas nas paredes.
Porque nos gusta reciclar, utilizamos ceras da clase que xa non nos eran cómodas para pintar de distintas cores: laranxa, amarela, marrón,... para facer estas coloridas estrelas:
E por suposto, no ceo da nosa clase non podían faltar as constelacións que estudamos, non si? Asi que coa axuda de Roca, Leticia, Ramiro e Diego, puxemos no teito da aula este fermoso mural:
Podedes atopar RECURSOS PARA TRABALLAR AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS CLICANDO NA IMAXE:
E mañá .... VISITA AO PLANETARIO DE A CORUÑA!!!!!!!!!!!!
O CEO NUN PARAUGAS
Nun paraugas negro, a profe debuxou algunhas das constelacións que coñecemos procurando que a Estrela Polar coincidise coa punta do paraugas . Así se xirabamos o paraugas todas as estrelas se movían menos ela. Isto serviunos para darnos conta de por que aparentemente se moven todas as estrelas menos a Estrela Polar.
VISORES DE CONSTELACIÓNS
Tamén fixemos estes estupendísimos visores para ver constelacións. Para iso utilizamos un bote de patacas fritas, cartolina negra, un punzón e unhas plantillas de constelacións que podedes atopar AQUÍ:
LÁMPADA DE ESTRELAS:
Para poder ver as estrelas reflexadas nas paredes.
CERAS ESTRELADAS
Porque nos gusta reciclar, utilizamos ceras da clase que xa non nos eran cómodas para pintar de distintas cores: laranxa, amarela, marrón,... para facer estas coloridas estrelas:
MURAL DAS CONSTELACIÓNS
E por suposto, no ceo da nosa clase non podían faltar as constelacións que estudamos, non si? Asi que coa axuda de Roca, Leticia, Ramiro e Diego, puxemos no teito da aula este fermoso mural:
Podedes atopar RECURSOS PARA TRABALLAR AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS CLICANDO NA IMAXE:
E mañá .... VISITA AO PLANETARIO DE A CORUÑA!!!!!!!!!!!!
16 abr 2013
AS CONSTELACIÓNS DO ZODIACO
Sabiades que as constelacións varían de posición ao longo do ano e que por iso vemos o ceo de distinta forma? Hoxe descubrimos que das 88 constelacións que hai, en España só son visibles unhas 70 e que mesmo dentro de España, non se ve en todas as cidades o mesmo ceo.
Cefeo, Casiopea, Perseo, a Osa Menor, a Osa Maior,... pero tamén Virgo, Leo, Geminis,... Así que falamos dos SIGNOS DO ZODÍACO e de que signo eramos según a nosa data de nacemento:
A profe estivo investigando e descubriu unha páxina, AstroViewer que nos permite ver o ceo nocturno actual na cidade que queiramos. así que entramos, e como non nos aceptaban Ferrol, puxemos a cidade da Coruña e isto é o que vimos:
Cefeo, Casiopea, Perseo, a Osa Menor, a Osa Maior,... pero tamén Virgo, Leo, Geminis,... Así que falamos dos SIGNOS DO ZODÍACO e de que signo eramos según a nosa data de nacemento:
símbolo | constelación | nome galego ([1]) | significado | comezo | final | elemento | nº mes |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Aries | aries ou carneiro | carneiro | 21 de marzo | 20 de abril | Fogo | 03 | |
Taurus | tauro ou touro | touro | 21 de abril | 20 de maio | Terra | 04 | |
Gemini | xémini ou xemelgos | xemelgos | 21 de maio | 21 de xuño | Ar | 05 | |
Cáncer | cáncer ou cancro | cangrexo | 22 de xuño | 22 de xullo | auga | 06 | |
Leo | = | león | 23 de xullo | 22 de agosto | Fogo | 07 | |
Virgo | virgo ou virxe | virxe | 23 de agosto | 22 de setembro | Terra | 08 | |
Libra | libra ou balanza | balanza | 23 de setembro | 22 de outubro | Ar | 09 | |
Scorpius | escorpión | escorpión | 23 de outubro | 21 de novembro | auga | 10 | |
Sagittarius | saxitario | arqueiro | 22 de novembro | 21 de decembro | Fogo | 11 | |
Capricornus | capricornio | cabra | 22 de decembro | 20 de xaneiro | Terra | 12 | |
Aquarius | acuario | augador | 21 de xaneiro | 19 de febreiro | Ar | 01 | |
Pisces | pisces ou peixes | peixes | 20 de febreiro | 20 de marzo | auga | 02 |
Descubrimos que Erika era do signo de Aries porque naceu o 14 de abril, que Leticia era Virgo porque naceu o 2 de setembro, que Joni era Escorpio porque naceu o 24 de outubro , que Carlos era Cáncer porque naceu o 8 de xullo e que a profe era Libra porque naceu o 2 de outubro.
Vimos este video das constelacións zodiacais:
E cada un de nós fixo unha ficha do seu signo zodiacal:
Así de bonitas nos quedaron, fáltanos a ficha de Erika porque non nos dou tempo a facerlle a foto:
E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer:
E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer:
UN CEO ESTRELADO
Despois de rematar a nosa viaxe polos planetas e de ver como a Lúa e a Terra se movían, comezamos a nosa viaxe polo ceo ESTRELADO. Descubrimos que ademaís do Sol, que é a estrela máis preto de nós, hai multitud de estrelas máis, e que algunhas se agrupan formando debuxos imaxinarios no ceo, son as CONSTELACIÓNS.Para empezar comezamos coñecendo dúas osas: únha grande , a OSA MAIOR e outra máis pequena, a OSA MENOR.
Vimos como eran , contamos as estrelas que as formaban e fixemos esta ficha:
Enterámonos de que na punta do rabiño da Osa Menor atópase a Estrela Polar, que sempre está no mesmo sitio e indícanos onde está o Norte? Para saber como atopala, vimos o seguinte video:
Pero ademáis da Osa Maior e da Osa Menor, hoxe coñecimos máis constelacións. A profe contounos a historia de Cefeo e Casiopea:
Esta é a historia resumida:
"Casiopea, esposa de Cefeo e nai de Andrómeda, presumía de que ela e a súa filla eran máis fermosas que as Nereidas. Éstas, contanllo ao Poseidón, rei do mar que castiga ao reino, con inundacións e mandándolles un monstro mariño, Cetus.
Para que cesen as desgracias, despois de consultar co Oráculo, Cefeo, ten que sacrificar á súa filla Andrómeda , atándoa a unha rocha e ofrecéndolla como comida ao monstruo. Pero Perseo, montado en Pegaso, que pasaba por alí despois de matar a Medusa, ve a Andrómeda e namórase dela. Coa cabeza de Medusa, convirte ao monstro en coral e a libera . Perseo e Andrómeda cásanse e xuntos voltan a Grecia".
Despois do recreo, fomos ao salón de actos, e alí na PDI nova, volvimos a escoitala neste libro LIM que preparou a profe xunto con outra compañeira hai uns anos:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/CONSTELACIONS/constelacions.html
Como nos gustou moitísimo a historia, a profe estivo buscando co programa STELLARIUM, que podedes descargar de forma gratuita AQUÍ, todas as constelacións que xa coñeciamos: Osa Maior, Osa Menor, Cefeo, Casiopea, Andrómeda, Cetus, Perseo, Pegaso,...
Ao rematar fixemos esta ficha para ver si estivemos atentos á historia e lembrabamos o nome dos personaxes::
Mañá cada un de nós, practicará no ordenador de clase co programa STELLARIUM e fará as actividades do libro LIM, ademais claro está doutras cousiñas.
Ao rematar fixemos esta ficha para ver si estivemos atentos á historia e lembrabamos o nome dos personaxes::
13 abr 2013
INVESTIGANDO E TRABALLANDO AS ECLIPSES
Agora que sabemos que a Terra e a Lúa se moven, pero non así o Sol, chegou o momento de falar das ECLIPSES.
- A eclipse solar: cando a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra.
Fixemos unha fichiña onde tiñamos que completar e ademáis picar e pegar a Lúa no lugar correspondente:
E como nos gustou moito a maqueta das eclipses da profe, quixemos facer unha para levar para a nosa casa:
Investigamos en libros, en internet, preguntamos,... e descubrimos que hai dous tipos de eclipses:
- A eclipse solar: cando a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra.
Quixemos recrealos e para iso utilizamos unha das maquetas que xa vos ensinamos na entrada anterior pero o que non víchedes e que ao outro extremo da Terra estaba a Lúa, je,je
E estoutra que descubrimos na páxina de UNAWE:
Despois disto, vimos este video de dúas eclipses reales, unha Lunar do 2008 e outra Solar do 2006:
E estoutra que descubrimos na páxina de UNAWE:
Despois disto, vimos este video de dúas eclipses reales, unha Lunar do 2008 e outra Solar do 2006:
Fixemos unha fichiña onde tiñamos que completar e ademáis picar e pegar a Lúa no lugar correspondente:
E como nos gustou moito a maqueta das eclipses da profe, quixemos facer unha para levar para a nosa casa:
No blog "COLEGIO LA COROLLA Clase de 2ºB" podedes atopar a plantilla orixinal en castelán.
Deixámosvos coma sempre, o enlace a todos os recursos que utiizamos sobre ECLIPSES:
Imaxe de Imaginarium
E xa a para rematar o noso gran proxecto espacial só nos queda ... VISITAR AS ESTRELAS!!!!! Xa vos contaremos, xa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)