27 feb 2013

O SOL

Imaxe tomada do blog COLORÍN COLORETE

Onte empezamos a ver o Sistema Solar e como non empezamos ... POLO SOL. Buscamos nos libros do noso recuncho do espazo, e vimos que o Sol é unha gran estrela que está no centro do Sistema Solar, que dende a Terra a vemos de cor amarelo, que está feita de gas e que é moi importante porque nos proporciona luz e calor. De feito aprendimos que as estrelas son os únicos astros que emiten luz, que senón houbese Sol, non existiría vida no noso planeta e que o Sol sae todos os días polo Leste e ponse polo Oeste.
Fixemos esta ficha:

Investigando un pouquiño máis sobre o Sol, descubrimos que os homes antigos para saber que hora era, utilizaban reloxos solares así que decidimos facer o noso. Ao principio iamos facer un para poñer no chan. Pero cada hora teriamos que saír a fóra para ver como ía pasando o tempo e non o podiamos facer . Así que buscando, buscando, atopamos unha páxina onde se podían facer RELOXOS DE SOL VERTICALES PARA COLOCAR ... NAS VENTÁS DA CLASE. Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade:

FACEMOS UN RELOXO DE SOL


Polo de agora non vos podemos dicir se funciona ou non porque ... ESTES DÍAS NON VEMOS O SOL POR NINGUNHA PARTE!!!!!!!

No blog de Mar Gómez, MIL RECURSOS EDUCACIÓN INFANTIL atopamos este conto "SOY EL SOL":


E a Nasa, estes días publicou un incrible video onde podemos apreciar con toda claridade  UNHA ESPECTACULAR CHUVIA DE LUME SOBRE O SOL, e dicir, unha "chuvia coronal" que é un raro fenómeno no que o plasma eyectado durante unha erupción volve ao Sol:


E se o que queredes e "ver" o vento solar, clicade no PLAY:



E hoxe comezamos cos planetas, pero iso ... volo contaremos noutra entrada

No hay comentarios:

Publicar un comentario