25 ene 2013

CHARLA E EXPOSICIÓN SOBRE O ESPAZO



Grazas á Sociedade Galega de Historia Natural e ao Concello de Ferrol, esta semana podemos disfrutar no cole dunha exposición sobre o Espazo formada por quince imaxes que nos amosan tanto a súa parte máis visible como a máis lonxana e profunda. Estas son as imaxes que integran esta exposición:



Pero además hoxe tivemos a gran sorte de que un membro desta Sociedade, Paulino Gasalla, viñese ao cole a explicarnos cada unha das imaxes e a amosarnos o Universo a través do programa Stellarium e dunha presentación de fantásticas fotos grazas as cales  poidemos achegarnos aos planetas e ás súas lúas, ver preciosas nebulosas como a Nebulosa Cono tamén chamada Árbore de Nadal pola súa forma ou a Nebulosa de Orión, ver a cara oculta da Lúa ,...

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos dous grupos:


12 ene 2013

A NOSA TRIPULACIÓN DE ASTRONAUTAS



Ao longo desta semana estivemos a repasar algunhas cousiñas sobre os ASTRONAUTAS cos libros que temos nos nosos recunchos do proxecto: vimos que para ir ao espazo necesitaban unha NAVE ESPACIAL , que tiñan que levar unha roupa especial e lembramos que o primeiro ser vivo en ir ao espazo foi unha cadeliña rusa de nome LAIKA e que o primeiro home en ir ao espazo foi IURI GAGARIN.
E como nos encantan as manualidades, estivemos a facer a nosa tripulación de ASTRONAUTAS utilizando distintos recursos que atopamos en internet:

- Estes modelos que atopamos grazas ao Facebook de  Blanca do blogue ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL que nos gustaron moito:



- Marioneta de dedos que atopamos no album de José María de la Rosa do blogue ACTILUDIS:

- Manualidade con rollo de papel hixiénico que atopamos no blogue PASO A PASO:



E se alguén quere algún modelo máis de astronauta, aquí vos deixo éste que atopei hoxe en MANUALIDADES MUSSOLA, e que está sacado da páxina de SCHOLASTIC.COM







DISFRUTADE COA VOSA TRIPULACIÓN ESPACIAL!!!!!!